Recentemente o Colectivo Ecoloxista do Salnés enviou á Consellería de Medio Ambiente e á Dirección Xeral de Deportes senllos escritos onde nos posicionabamos contra os campionatos de caza de raposo. No escrito dirixido a Medio Ambiente rexeitamos a autorización que esta consellería lle concedeu ao campionato que tivo lugar o pasado 29 de Xaneiro nos Tecores de Ulla e Umia, onde se abatiron 12 raposos. Asimesmo solicitamos que non se permita a celebración do Campionato de España programado para o próximo día 12 de febreiro en Pazos de Borbén. Rexeitamos tamén a subvención que a Dirección Xeral de Deportes outorgou ao campinato celebrado o pasado domingo 29 e solicitamos que esta Dirección Xeral denegue calqueira solicitude de subvención para realizar este tipo de eventos. Enviamos tamén unha carta de opinión á prensa de Arousa e Pontevedra, así como á central do Faro de Vigo.
1 Comments:
Recentemente o Colectivo Ecoloxista do Salnés enviou á Consellería de Medio Ambiente e á Dirección Xeral de Deportes senllos escritos onde nos posicionabamos contra os campionatos de caza de raposo. No escrito dirixido a Medio Ambiente rexeitamos a autorización que esta consellería lle concedeu ao campionato que tivo lugar o pasado 29 de Xaneiro nos Tecores de Ulla e Umia, onde se abatiron 12 raposos. Asimesmo solicitamos que non se permita a celebración do Campionato de España programado para o próximo día 12 de febreiro en Pazos de Borbén. Rexeitamos tamén a subvención que a Dirección Xeral de Deportes outorgou ao campinato celebrado o pasado domingo 29 e solicitamos que esta Dirección Xeral denegue calqueira solicitude de subvención para realizar este tipo de eventos.
Enviamos tamén unha carta de opinión á prensa de Arousa e Pontevedra, así como á central do Faro de Vigo.
Post a Comment
<< Home