9.4.06

Abril: A ruta de Aldariz


Máis de setenta persoas participaron o sábado 8 de abril na actividade aberta do Colectivo Ecoloxista.
Coa colaboración da plataforma RondaNon, que nos servíu de guía, camiñamos por algúns dos lugares que vai afectar este proxecto urbanístico polas parroquias de Padriñán e Bordóns.

Labels:

1 Comments:

At 2:19 PM, Blogger trasdosvalos said...

Na ruta de Aldaríz pasamos polo Con da Ventureira, unha referencia da paisaxe e da historia para os habitantes do Concello de Sanxenxo. Era tradición que o primeiro luns de Pascua, a rapazada da zona peregrinara ata o Con da Ventureira, do mesmo xeito que os mozos e mozas dos concellos veciños o facían cara Armenteira. Conta a lenda que no Con da Ventureira habitaba unha moura que asomaba na noite de San Xoan para engaiolar cos seus encantos aos homes que pasaran por alí. Algún deles quedou prendado dentro do Con e vive alí na estancia da moura. Agora o Con da Ventureira xa non resalta sobre a paisaxe, xa non ten romeiros nin mouras. Xa non resalta, chama máis a atención unha unha pista asfaltada que ten preto. A menos de 100 metros construirán pronto unha carísima urbanización, unha navallada no medio do monte, con boas vistas á Ría de Pontevedra, a urbanización de Miraflores ou de Malata.
Sanxenxo está cambiando demasiado pronto nunha dirección sen retorno. Os cambios están conducidos polos promotores. Para conseguilo non hai argumentos certos, nin planificación, nin respecto á cultura, ao propio, á xente, á terra. Si hai mentiras, patrañas, trampas, presións, forza, embustes, chantaxes, ameazas, manipulación... É a lei dos que queren gañar cartos sen escrúpulos. Xente que canto máis cartos ten máis cartos quere, canto máis poder ten, máis poder quere. Xente que se trae ao rei para quitar a foto e non lle chega.E mesmo haberá algúns descerebrados que crean que esa é a forma de facer política, que así virá o progreso para Sanxenxo.

Quizais o Con da Ventureira acabe formando parte dunha urbanización. E despois o resto do rural do Concello.
Por iso ante as próximas municipais hai que tomar claramente unha opción política, limpar o Concello de Concello de Sanxenxo de visionarios da destrucción do rural. Non hai que decir a quen hai que votar, sí claramente a quen hai que botar fóra do Concello.

 

Post a Comment

<< Home