22.9.07

Xornadas de DEREITO AMBIENTAL: unha ferramenta para a protección do medio



29 de Setembro e 6 de Outubro de 2007
LUGAR: Pazo da Cultura de Pontevedra

As xornadas pretenden servir de base ao ecoloxista activo e ao cidadán concienciado sobre a necesidade que temos de coñecer a diferente normativa que está á nosa disposición e que moitas veces descoñecemos.
Que facer? Que ferramentas xurídicas utilizar? A que autoridades recurro? A cuestións como estas intentarase dar resposta dividindo en varias áreas competenciais as xornadas, abordando dende a normativa comunitaria á municipal, pasando polas competencias estatais e autonómicas, que se complementan con experiencias prácticas.

Esta actividade conta cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia
Organiza: Federación Ecoloxista Galega , ADENCO, APDR
Colabora: Colexio Oficial de Biólogos

Programa

Sábado 29 de Setembro
09:45h.- Recepción dos participantes e entrega de documentación.
10:00h.- Participación pública nos procesos de avaliación ambiental.
Que actuacións teñen que seguir un proceso de avaliación ambiental? Que pasos ten que seguir ese proceso? En que partes do proceso podemos intervir os colectivos ecoloxistas?

Relatora: Alba Nogueira, Prof. Titular de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito de Santiago.
12:00h.- A denuncia ambiental. O delicto ambiental. Tipos de denuncia, cando interesa recurrir á xustiza, o procedemento, onde participar...
Relator: Álvaro García Ortiz, Fiscal para o Medio Ambiente de Galicia.
14:00h.- Remate das sesións da mañá.

16:30h.- Protección dos espazos que carecen de figuras de proteción
(toda a lexislación (desde a europea atéa galega) precisa para coñecer que requisitos ten que cumprir unha determinada actuación (no caso de
que se leve a cabo) que poida afectar a un espazo que non conte cunha figura de protección específica.
Relator: Manuel Antonio Crespo Pérez, Prof. Asociado de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo.

Sábado 6 de Outubro
10:00h.- Espazos Naturais Protexidos: toda a lexislación (desde a europea até a galega) precisa para coñecer que requisitos ten que cumprir unha determinada actuación (no caso de que se leve a cabo) que poida afectar a un espazo protexido (LIC, ZEPA, Ramsar...).
Relator: Francisco Javier Sanz Larruga, Prof. Titular da Universidade da Coruña.
12:00h.- Como redactar unha alegación para que teña incidencia ou sexa efectiva? O dereito á información ambiental. A modo de taller práctico.
Relator: Jaime Doreste, Asesor Xurídico de Ecologistas en Acción.
14:00h.- Remate das sesións de mañá.

16:30h.- Taller práctico sobre procedemento administrativo en relación á normativa ambiental dirixidoao activista ecoloxista e ao cidadán concienciado.
Relator: Roberto Bustillo, Prof. Titular de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito de Ourense, Univ. de Vigo.
18:00h.- Remate das xornadas.

Prezo da inscrición:
10 euros: socios/as de asociacións da FEG ou socios/as colaboradores/as da FEG.
20 euros: outras persoas.
A ingresar na conta da FEG (Caixa Nova): 2080-0492-69-0040104336

Para facer efectiva a inscrición, enviar á FEG o boletín cuberto xunto cunha copia do xustificante de ingreso bancario. Para o cal se
pode empregar algunha das seguintes vías:
Por Fax: 981 575 444
Por correo electrónico: feg@federacionecoloxista.org
Por correo postal: FEG Aptdo. de Correos 949, 15780, Santiago de Compostela.

Labels: , ,

0 Comments:

Post a Comment

<< Home