Actividade de novembro: O segredo das rochas
O sábado 24 tentaremos imaxinar como foi a evolución da paisaxe ao longo de millóns de anos ata adquirir a forma actual e como seguirá este proceso no futuro. Observaremos as praias, os cantís e as dunas fósiles que son a testemuña das variacións do nivel do mar por períodos glaciares ou interglaciares…
¡Participa!
É recomendable levar botas de montaña.
Lembra:
É recomendable levar botas de montaña.
Lembra:
quedamos o sábado 24 ás 10:30 da mañá no aparcamento da praia de Montalvo e, desde alí iniciaremos o paseo.
Actualización:
Unhas vinte persoas participaron nesta interesante actividade. Puidemos apreciar un anticlinal e máis unha praia fósil.
Labels: actividades abertas, costa, paisaxe, xeoloxía
1 Comments:
SALVEMOS O CASTROVE:
http://meis.blogaliza.org/
http://www.youtube.com/watch?v=JzBwi9cxcm8
Post a Comment
<< Home