29.1.06

Trinta persoas participaron na actividade de "Digiscoping" na Illa de Arousa



O frío intenso non impedíu que un grupo de interesados na fotografía da natureza se achegara a Illa de Arousa a escoitar una introducción práctica da man de Samuel Paz e os seus compañeiros do grupo de disgiscoping da asociación ecoloxista Illanatura.
Alí, explicáronos en que consiste esta novedosa técnica que aproveita as cualidades das cámaras compactas de fotografía dixital cos seus pequenos obxectivos e a capacidade dos telescopios para observación de aves. Deste xeito, coa axuda de distintos adaptadores, podemos realizar fotografías de aves e outros animais a grande distancia, sen molestalos.
Puidemos comparar os distintos telescopios, adaptadores e cámaras dixitais compactas, os problemas e vantaxes de cada modelo, e compartir a súa experiencia na fotografía de aves.
Gracias Samuel, Fran, Xoel…

A web de "Illanatura"
http://www.illadearousa.com/illanatura/
A páxina de Digiscoping de "Illanatura"
http://www.illadearousa.com/illanatura/Castellano/digiscoping.htm

Labels:

26.1.06

camara dixital + telescopio = "DIGISCOPING"



O “digiscoping”consiste en fotografar aves a distancia cunha cámara dixital acoplada a un telescopio terrestre.
Conseguimos un gran alcance sen molestalas.
O sábado 28 de xaneiro, ás 11:00 da mañá, asistiremos a unha sesión de fotografía da man dun especialista na Illa de Arousa.
Leva a túa cámara ou telescopio, o que teñas, e veremos como conseguir os mellores resultados.

Quedamos na entrada do espazo protexido de Punta Carreirón, Illa de Arousa,
ás 11:00 da mañá

cesalnes (arroba) yahoo.es

Actividade aberta e gratuíta.
Non é preciso ser socio.

Labels:

22.1.06

O Bugallo 32 xa está nos quioscos e librerías do Salnés


A partir do martes, 24 de xaneiro o novo número do Bugallo estará nas librerías e quioscos habituais.
No GROVE:
no quiosco Antía e no estanco da rúa Alexandre Bóveda.
En PORTONOVO:
na Librería Numara e no estanco
En SANXENXO:
na Librería Nós
En VILALONGA:
na Librería Vidal
En DENA:
na Librería Cousas
En CAMBADOS:
na Librería Ramón Cabanillas
En VILAGARCÍA:
na Librería Arousa

O tema central son as pradeiras de seba na ría, toda unha fábrica de vida que é analisada polo miudo.

Labels: