25.4.08

Manifestación en Pontevedra




O próximo venres 25 de ABRIL, ÁS 8:30 na PLAZA DA FERREIRÍA, EN PONTEVEDRA

MANIFESTACIÓN POLA NON CONSOLIDACIÓN DO COMPLEXO ENCE-ELNOSA NA RÍA.

O CES está a apoiar a última campaña da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra co motivo da NON AUTORIZACIÓN AMBIENTAL PARA ENCE-ELNOSA, por parte da Consellería de Medio Ambiente. Esta autorización podería servirlle á empresa para consolidarse na ría.
O CES estará presente e con pancarta, así que o punto de quedada dos socios na plaza será fronte o BAR CARABELA.

21.4.08

A balanza da situación ambiental o Día da Terra


O día 22 de abril, Día da Terra, data sinalada para o movemento ecoloxista mundial, danos a oportunidade para a reflexión e a analítica da situación ambiental da nosa sociedade. Dende ese punto de vista e concretando na nosa comarca, o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) quere aportar unhas ideas para a reflexión e un balance ambiental da comarca.

No lado negativo da balanza ambiental no Salnés, non cabe dúbida que o que mais pesa é o desbordamento urbanístico que estamos a sufrir, que só enriquece a uns poucos. Sen embargo, a perda repártese entre todos, pois a paisaxe, como ben común, perde calidade e fermosura.
Esta mala planificación do territorio compleméntase coa mala xestión ambiental das nosas administracións locais. Algúns exemplos desta ineficacia son os entullos que se amorean polos nosos montes, a mal uso da auga e a súa case ineficaz depuración, actuacións equivocadas nos nosos ríos e regatos que os desnaturaliza, a inexistencia de campañas de información e concienciación ambiental á cidadanía,...

O lado positivo da balanza está a coller certo peso, pois algunhas boas noticias están a suceder, como é o caso da posta en marcha da segunda fase de recuperación das dunas da Lanzada, levada a cabo polo Servizo Provincial de Costas. Nel contémplase o derrube dalgunhas infraestruturas que afean unha das nosas mellores paisaxes, levantarase o firme da antiga estrada costeira, soterrarase a liña eléctrica, ampliarase o paseo de madeira e aportarase información ao cidadá sobre o valor das dunas. Non cabe dúbida que a realización desta rexeneración ambiental é algo moi positivo, que ven a complementar a primeira fase feita no ano 1996 que incluía a demolición da carreteira situada no cordón dunar. Daquela se levantaron moitas voces críticas que ao igual que na polémica do campionato do tiro ao pombiño da Toxa, que finalmente non se realizará, auguraban graves perdas no sector turístico. O tempo pon as cousas no seu sitio e outorga a razón ao sentido común e ao bo facer.

Este ano o Día da Terra céntrase na loita polo cambio climático. Neste senso é importante que adiramos á “Cultura da Medida”, onde debemos cuantificar os nosos gastos eléctricos e de combustibles e traducilos en emisións de dióxido de carbono. Así decatarémonos do importante papel que xogamos cada un de nos no actual desequilibro do clima. Neste ámbito é preciso que as administracións fagan campañas á cidadanía, aportando as claves para reducir o gasto enerxético doméstico á vez que fomente economicamente aquelas técnicas de construción e aparellos que axuden a aforrar enerxía. É preciso decatarnos que o cambio climático pódese parar pero so co apoio de todos.

Labels: ,