Actividade de Xaneiro: As aves do Carreirón
PERCORRIDO ORNITOLÓXICO POLA ILLA DE AROUSA
O sábado 31 de xaneiro ás 10:30 da mañá quedaremos na entrada do espazo natural de Punta Carreirón na Illa de Arousa.
Faremos un percorrido por esta interesante costa observando as aves mariñas na compañía dun ornitólogo, axudados de telescopios e prismáticos.
Se tes telescopio ou prismáticos lévao tamén. E calzado e roupa axeitada. ¡Anímate!
As actividades abertas mensuais son de balde. Non se precisa ser socio.
Labels: actividades abertas, aves, costa, Illa de Arousa
0 Comments:
Post a Comment
<< Home