31.1.09

Observando as aves do Carreirón


Achegamos unha fotografía da actividade aberta do Colectivo Ecoloxista do Salnés, titulada "As aves do Carreirón".

Xuntámonos arredor de vinte persoas coa fin de observar as aves acuáticas que se deixaran ver no litoral de Punta Carreirón, na Illa de Arousa.

Comezamos ás 10:30 e rematamos ao mediodía, disfrutando dunhas horas de sol bordeando toda a península de Carreirón.

Coa axuda de varios prismáticos e 4 telescopios vimos garzas e garzotas, gaivotas patiamarelas, gaivotas choronas, corvo mariño grande e corvo mariño cristado ademais de varias especies de limícolas. Destacou a observación de dous parrulos propios de augas salgadas: un mergo cristado e un parrulo pentumeiro, que non son doados de ver.

Ademais unha manda duns 12 arroases pasaron preto de nós.

Tamén recollimos algo de lixo e varias plantas pequenas de Uña de gato (Carpobrotus sp), unha planta invasora que coloniza a zona de duna, desplazando ás plantas propias.

Toda a actividade transcurriu nun ambiente agradable e sen incidentes.

Labels: , ,

23.1.09

Actividade de Xaneiro: As aves do Carreirón


PERCORRIDO ORNITOLÓXICO POLA ILLA DE AROUSA

O sábado 31 de xaneiro ás 10:30 da mañá quedaremos na entrada do espazo natural de Punta Carreirón na Illa de Arousa.

Faremos un percorrido por esta interesante costa observando as aves mariñas na compañía dun ornitólogo, axudados de telescopios e prismáticos.

Se tes telescopio ou prismáticos lévao tamén. E calzado e roupa axeitada. ¡Anímate!

As actividades abertas mensuais son de balde. Non se precisa ser socio.

Labels: , , ,

24.1.08

Ollando aves o sábado 26 de xaneiro


Observación das aves do Serrido e O Correlo.
O sábado 26 acudiremos a Castrelo (Cambados) para ollar as aves da Enseada do Bao e o Esteiro do Umia. Quedamos nas Adegas Salnesur (Condes de Albarei) na desviación fronte o colexio dos Salesianos, para ir paseando ao observatorio ornitolóxico de Quintáns-Punta Arfolín. Haberá guías de aves e máis telescopios e prismáticos.
Leva calzado axeitado para o campo.
Se tes prismáticos levaos tamén. ¡Participa!

Lembra:
quedamos o sábado 26 ás 10:30 da mañá nas Adegas Salnesur en Castrelo-Cambados, na desviación frente o colexio Salesianos.
Actividade gratuíta e aberta ao público

Labels: ,

1.5.07

Trinta persoas asistiron a actividade de anelamento




Labels: , ,

29.3.07

Aves con anel, actividade de abril

Data: sábado 14 de abril
Hora: 09:30. Debemos de quedar a unha hora tan temperán porque o ornitólogo que vai guiar a actividade colocará as redes a primeira hora da mañá e canto máis tempo estean as ves atrapadas nas redes, máis probabilidades haberá de que sufran danos.
Lugar: A cita é nas inmediacións da fábrica de Cerámicas Campo (Vilalonga - Sanxenxo).
Recomendacións: Leva roupa e calzado axeitados para andar polo campo e polo litoral e, se podes, leva uns prismáticos.
Será unha actividade práctica de anelamento científico de aves silvestres e estará guiada por Emilio Martínez Sabarís, ornitólogo con moitos anos de experiencia nesta técnica, socio do CES e membro do grupo de anelamento Anduriña. Os participantes poderán descubrir dun xeito práctico a metodoloxía que se segue para anelar as aves, así como coñecer os obxectivos que se perseguen cos anelamentos.


As actividades mensuais son abertas, e dicir, non fai falta ser socio. Por iso, se coñeces a algunha persoa allea ó Colectivo que puidera estar interesada, non deixes de invitala a vir.

Labels: ,