A costa recuperable. Actividade mensual aberta maio

O sábado 27 de maio percorreremos a costa entre Punta Cantodorxo e Virxe das Mareas, un fermoso tramo que combina praia, duna e lagoa costeira no concello do Grove.
Explicaremos o proxecto que o Colectivo Ecoloxista do Salnés presentou ao Ministerio de Medio Ambiente para, cunha pequena inversión, recuperar o seu alto valor paisaxístico e incrementar o atractivo turístico do Grove nunha zona moi próxima ao núcleo urbano. No último número do noso boletín, O Bugallo, podes ler máis detalles sobre este proxecto.
Quedamos o sábado 27 de maio, ás 5 da tarde, diante da Lonxa do Grove como punto de encontro, para despois ir nos coches particulares cara o tramo a percorrer.
Labels: actividades abertas