20.9.06

O Colectivo Ecoloxista do Salnés alega contra o PXOM de O Grove

O Colectivo Ecoloxista do Salnés considera que certos aspectos presentados en agosto, na segunda exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal do 2006 de O Grove, representan un paso atrás na protección da zona litoral do Concello. No caso de non ter en conta as alegacións que o CES presentou, e de se levar a cabo os cambios de catalogación de certas parcelas litorais, estariase a alterar non só o equilibrio natural da zona, senón tamén a súa estética e paisaxe, valor este último moi valorado polo turista que escolle estas costas para veranear.

As alegacións presentadas polo CES ao PXOM xiraron sobre tres puntos clave:

1. O non respeto polos límites Rede Natura 2000 na zona de protección do Complexo Ons - O Grove
A modificación consiste na reducción da superficie integrada na Rede Natura, desafectando uns terrenos en San Vicente do Mar, para poñer no seu lugar solo urbano (PERI 15).
Así mesmo, en Ardia e nas inmediacións da praia de Carreiro (PERI 16) calificaron como solo urbán dúas parcelas integradas parcialmente na zona de protección rede Natura 2000.

2. O non respeto polos límites da Servidume de Protección de Costas
Estes límites de protección do noso litoral foron desplazados no PXOM nas inmediacións da praia do Carreiro ata facelos coincidir exactamente cos límites do PERI 16, sendo tamén reducidos na zona de Area Grande- Punta Barcala e en Ardia.

É importante destacar que os Concellos non teñen competencia para definir nin para alterar os límites da Rede Natura nen tampouco os límites da Servidume de Protección de Costas.

3. O Porto Deportivo previsto no Corgo

Para o CES, a inclusión do porto deportivo no PXOM é candomenos precipitado, pois ditas infraestructuras deben contar con Estudio de Impacto Ambiental positivo para a súa aprovación definoitiva. Este estudo debe valorar o impacto nas correntes mariñas costeiras e previr as posibles alteracións de deposicións de areas tanto nas praias coma nos bancos marisqueiros. Sen dito estudo non se debería recoller no PXOM.

Mediante o envio de alegacións ao Concello de O Grove e escritos ás administracións competentes con data do 11 de setembro ( ao Director Xeral de Urbanismo, ao delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente e ao xefe de Servicio Provincial de Costas) o CES solicitou:
• Que se restablezan os límites oficiais da Rede Natura con todolos efectos que conleva para a ordenación do territorio este tipo de protección
• Que non se califique como solo urbano nin como PERI ningunha superficie incluída na Rede Natura
• Que se restablezan os límites oficiais da Servidume de Protección de Costas con todolos efectos que conleva para a ordenación do territorio a aplicación da Lei de Costas
• Que se prevea un Estudo de Impacto Ambiental do porto deportivo do Corgo

0 Comments:

Post a Comment

<< Home