O Colectivo Ecoloxista do Salnés alédase de que se atalle a contaminación mariña provocada polo tiro ao pombiño
O campionato do tiro ao pombiño deste ano, realizado sen autorización da Conselleria de Medio Ambiente, según un escrito remitido o 15 de setembro ao CES pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, foi motivo dunha pequena campaña promovida polo CES en xuño, onde o principal obxectivo era denunciar os efectos secundarios negativos que esta celebración provocaba sobre o Humidal protexido do Umia.- O Grove. Esta actividade, considerada polo CES como unha actividade de abuso, pois se tirotean a pombas mutiladas para entorpeceren o seu voo, está a encher o litoral da Toxa de milleiros de perdigóns de chumbo, que unha vez disolta no mar da ría contribue á contaminación por chumbo na vida mariña. Tamén os perdigóns son inxeridos polas aves migratorias que nos visitan cada ano, provocándolles a enfermidade do plumbismo e incluso a morte.
Ante este escenario de impacto ao medio e, non esquecer, de incumplimento da legalidade vixente (non se pode empregar chumbo nos humedais protexidos polo convenio Ramsar -RD 581/2001-, como é o caso do Bao, e a celebración do campionato sen as autorizacións administrativas necesarias), o CES felicítase da resolución da Consellería de Medio Ambiente, xa que é a súa obriga manterse alerta das infraccións ao medio e tomar cartas no asunto. Tamén nos felicitamos de que todos os actores implicados económicamente no evento, incluído o Concello, non fixeran oídos sordos ás advertencias da Consellería e se reuniran para, como eles din, “buscar solucións para conciliar a celebración da proba coa conservación do medio ambiente”, aspecto este que ata o de agora non se tiña en conta.
O CES considera moi importante que a Consellería de Medio Ambiente, no caso de que dita comisión de traballo acade atopar solucións de conciliación e o permiso para a celebración do campionato nos vindeiros anos, non baixe a vixiancia en canto ao cumprimento da normativa vixente durante a celebración da proba.
Mais o que o CES considera o avance máis importante das decisións tomadas pola Conselleria a este respecto é que a apertura dun expediente sancionador á empresa “Hostelera del Noroeste S.A.” por ter celebrado o acto sen autorización, e no que tamén se lle obriga á restauración do espacio afectado polo chumbo, tendo que recoller os perdigóns caídos no humidal. Sen dúbida, unha boa noticia para a Enseada do Umia-O Grove, que alo menos por unha vez parece estar protexida realmente e non só sobre o papel.
O Salnés a 30 de setembro de 2006
0 Comments:
Post a Comment
<< Home