17.6.08

Travesía polos mares de Sálvora


Actividade mensual aberta de Xuño. Excursión anual.

“Travesía polos mares de Sálvora”

O domingo 29 de xuño terás a oportunidade de coñecer, por terra e por mar, un dos 4 arquipélagos que compoñen o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Realizaremos unha visita a pé pola illa que flanquea a Ría de Arousa e percorreremos en catamarán os illotes que a acompañan.

O barco (Neptuno Sub) sairá ás 9.45 do porto de catamaráns do Grove (ao lado da estación de autobuses) e regresará ás 17.45



Poderás compralos nos seguintes puntos:
◦ No Grove
Quiosco Antía (Praza de Arriba)
◦ En Portonovo
Quiosco de Mandita
◦ En Cambados
 Casa de Cultura de Fefiñáns
◦ En Vilagarcía
Librería Nobel Arousa (Rúa Edelmiro Trillo, 19)
◦ Por teléfono
Chama ao 680 580 086

Recomendámosche levar:
A comida e a bebida porque pararemos para facer unha comida campestre.
Roupa e calzado axeitados para camiñar, e para darte un chapuzón se se presta.
Crema solar.
Tamén é útil levar prismáticos.

Recorda que non é necesario ser socio para asistir ás actividades do CES. Por iso, se coñeces a algunha persoa allea ao Colectivo que puidera estar interesada, non deixes de invitala a vir.

Labels:

27.6.07

Cincuenta persoas acudiron a excursion anual a Serra do Suido

Labels: ,

14.6.07

24 xuño, excursión anual do Colectivo: o Reino do Lobo


Á SERRA DO SUÍDO CO COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS

A Serra do Suído sitúase entre os concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo, na provincia de Pontevedra, e Avión e Beariz, na de Ourense. Un espazo de alto interese tanto natural (co lobo como valor emblemático) como etnográfico (a paisaxe do pastoreo tradicional).
Domingo 24 de xuño
Saímos ás:
8:30 VILAGARCÍA (dende o Auditorio, fronte aos cines e McDonald’s)
9:00 CAMBADOS (Praza de Abastos)
9:30 PORTONOVO (marquesina de bus da Praza de Abastos)

Lembra levar a comida, roupa e calzado adecuados para andar polo monte.

Podes comprar os billetes en:
O GROVE
Estanco nº 3 (R/Alexandre Bóveda, fronte ó Bar Giso)
Quiosco Antía (Praza de Arriba)
PORTONOVO
Quiosco de Mandita
CAMBADOS
Casa de Cultura de Fefiñáns
VILAGARCÍA
Librería Nobel Arousa (Edelmiro Trillo, 19)

Labels:

18.6.06

Excursión anual: De Fisterra a Muxía



O domingo 25 de xuño, o Colectivo Ecoloxista do Salnés fará a súa excursión anual polo occidente da Costa da Morte.
Coñeceremos esta abrupta paisaxe na que a pedra ten un papel protagonista, que alcanza tamén á mitoloxía e á relixiosidade.
Visitaremos o Cabo da Nave –o lugar máis occidental de Galicia–,
Fisterra e Touriñán e tamén a tranquila e pequena Ría de Lires.
Lembra levar a comida e roupa e calzado cómodos.
¡Anímate!
Saímos ás:
8:30 O Grove
8:50 Portonovo
9:15 Cambados
9:30 Vilagarcía
Podes comprar os billetes en:
O GROVE
Estanco nº 3
(R/Alexandre Bóveda, fronte ó Bar Giso)
Quiosco Antía (Praza de Arriba)
PORTONOVO
Quiosco de Mandita
CAMBADOS
Casa de Cultura de Fefiñáns
VILAGARCÍA
Librería Arousa (Edelmiro Trillo, 19)

Labels: