21.10.06

Completadas en catro días as prazas para a actividade aberta de outubro



O Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza o sábado 21 de outubro unha nova Actividade Aberta. Estas actividades que se levan organizando dende anos atrás. cunha periodicidade mensual, teñen a fin de dar a coñecer a socios e non socios do CES, e para todas as idades, os recursos e os valores naturais e patrimoniais da nosa comarca.

O sábado farase unha actividade denominada “ Viaxe á enseada das aves”, en colaboración coa empresa de cruceiros Mares do Grove, a bordo do seu barco Neptuno Sub, para acercarnos á observación das aves dende o mar, cunha perspectiva pouco habitual. Así, as oitenta persoas que xa acadaron as plazas para participar, poderan disfrutar dunha viaxe dunha hora de duración pola Enseada do Bao, polas inmediacións da Toxa, Toxa Pequena e Bico da Ran, saíndo ás catro da tarde do porto de O Grove.

Esta viaxe pola enseada que representa o núcleo do Espazo Protexido Ons-O Grove, é unha ocasión para gozar tanto da paisaxe coma da visión das aves migratorias que agora comezan a achegarse ata as nosas costas, unha mostra máis da riqueza do noso mar.

O Neptuno Sub pon á nosa disposición material óptico para a observación de aves, así como guías de identificación

O interese que esta actividade despertou nos veciños da zona (as plazas quedaron cubertas en apenas catro días) lévanos a confirmar o gran potencial turístico que reportan os recursos naturais e os espazos protexidos do Salnés que, racionalmente explotados, poderían diferenciar e diversificar a oferta turística da zona.

Labels:

19.10.06

Percorrido pola enseada das aves



O sábado 21 de outubro, o Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza unha visita guiada no barco de visión submarina “Neptuno” pola Enseada do Bao, cortesía da empresa "Mares do Grove". 

O barco partirá ás 16:00 horas do peirao do Grove (embarcadoiro 6)
Duración aproximada: 1 hora e 15 minutos
Prazas limitadas
Actividade aberta e gratuíta

Atención: solicita información e inscríbete UNICAMENTE
por correo electrónico en: cesalnes@yahoo.es

Labels:

8.10.06

A ampliación do paseo fluvial do Río Armenteira empezouse a facer antes da finalización do proceso de autorización de obra


O día 13 de setembro de 2006 publicouse no BOP de Pontevedra a solicitude por parte do Concello de Ribadumia a Augas de Galicia para a autorización da continuación do paseo fluvial no río Armenteira, na parroquia de Barrantes, concello de Ribadumia, quedando aberto un período de 20 días para exposición pública e presentación de reclamacións.

Este tipo de paseos que achegan aos veciños e turistas os valores que encerran os ríos deben ser coidadosamente deseñados para garantir que o disfrute que se queira facer deste espazo natural non conleve un impacto ambiental neste ecosistema. Así debe poñer principal fincapé na non alteración nen das beiras, nen do bosque de ribeira nen de alterar o cauce natural do río.

O proxecto, denominado Paseo interpretativo cicloturístico por Ribadumia, ten o obxecto de acondicionar a área limítrofe ao regato Armenteira mediante a limpeza e acondicionamento de paseos para a protección das marxes do río.

A este respecto, o proxecto describe o tipo de obras e infraestucturas a instalar, que consisten principalmente na apertura dunha senda de xabre (zahorra) ao longo do río, que estaría complementada con pontóns sobre o río e pasarelas voladizas de madeira ancladas a muros de pedra situadas na mesma beira do río. Inclúe tamén a reposición e formación de muros e escolleras en bloque de pedra morena do país. Ademais faise a descripción técnica de cada unha das infraestructuras (medidas, materiais, medios técnicos...).

Membros do Colectivo Ecoloxista do Salnés puideron comprobar como, a pesares de atoparse en pleno período de exposición pública, o proxecto xa comenzou a executarse, estando xa implantada na zona a senda de xabre, así como a barandilla e farolas, polo menos nunha cuarta parte do percorrido proxectado. A xuzgar polo aspecto da senda e as plantas que xa medraron no xabre, esta obra pode levar xa meses executada sen os permisos de obra pertinentes. (adxuntase fotografías). Para O CES este feito, ademais de por de manifesto unha vez máis a pouca sensibilidade coa que se actua nas marxes fluviais da comarca, tamén significa unha falla de respeto ao proceso administrativo legal é á participación cidadá no proxecto. Por ilo O CES enviou o mércores 4 de outubro un escrito á delegación da Consellería de Medio Ambiente alertandolles do feito.

Aínda neste escenario de “alegalidade”, o CES tras consultar o proxecto e a zona afectada enviou o día 4 de outubro ao xefe de serviz de Augas de Galicia (demarcación galicia sur) as alegacións ao proxecto. A este respecto o CES basou as súas alegacións nos seguintes puntos:

a) Falta de detalles descriptivos na redacción do proxecto fai inviable a valoración precisa dos impactos ambientais das obras por parte do público que revisa o proxecto. Así, no proxecto, non veñen recollidos aspectos tan importantes coma:

• Especificacións dos lugares e percorridos exactos nos que se realizarán pasarelas en voladizoe as sendas.
• Con respecto aos muros de anclaxe das pasarelas non se indica se son de nova construcción ou non, e a súa ubicación.
• Grao de afectación ao bosque do río, da instalación das pasarelas voladizas, dos pontóns e das sendas.

c) A instalación de pasarelas, sendas e muros poden ocupar zonas onde aínda se conserva o bosque de ribeira, causando danos tanto ás árbores coma ao sotobosque. Sendo o bosque de ribeira importantísimo na dinámica do ecosistema fluvial (refuxios para a cría, fonte de nutrintes nos ríos, reguladores de variables coma a temperatura e luminosidade das augas,...) e que son as que mellor cumpren a función de protexer as marxes do río fronte á erosión, así como de regular as crecidas de caudal, evitando que sexan tan rápidas debido á súa capacidade de infiltración hacia os terreos colindantes. Está demostrado que a longo prazo os muros de pedra non contribúen á protección medioambiental das marxes do río, senon todo o contrario.

d) A instalación dos puntos de luz están calculados en demasía, “urbanizando” excesivamente esta paisaxe natural e provocando tamén variacións no ciclo de luz das especies naturais do ecosistema fluvial. O CES propón eliminar, alomenos, a metade dos puntos de luz a instalar e que o horario de acendido non sexa moi extenso. As farolas, ademais, poderían cumplir igualmente a súa función de sinalizar a senda sendo dunha altura moito menor (con 30 cm sería suficiente). Todas estas medidas evitarían efectos negativos sobre o ciclo biolóxico das especies fluviais e promoverían actitudes a favor da redución do gasto enerxético.

e) Non se recolle no proxecto medidas para previr o paso de pequenos vehículos a motor (cars, motocicletas,...) que causen contaminación acústica no lugar e problemas de seguridade vial cos peóns e ciclistas que visiten o lugar.

Así, o CES propón no seu escrito de alegación , ademais de correxir os puntos anteriormente descritos, que se abra de novo o periodo de exposición pública do proxecto unha vez modificado e complementado o proxecto.

O Salnés a 5 DE OUTUBRO de 2006

1.10.06

O Colectivo Ecoloxista do Salnés alédase de que se atalle a contaminación mariña provocada polo tiro ao pombiño

O campionato do tiro ao pombiño deste ano, realizado sen autorización da Conselleria de Medio Ambiente, según un escrito remitido o 15 de setembro ao CES pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, foi motivo dunha pequena campaña promovida polo CES en xuño, onde o principal obxectivo era denunciar os efectos secundarios negativos que esta celebración provocaba sobre o Humidal protexido do Umia.- O Grove. Esta actividade, considerada polo CES como unha actividade de abuso, pois se tirotean a pombas mutiladas para entorpeceren o seu voo, está a encher o litoral da Toxa de milleiros de perdigóns de chumbo, que unha vez disolta no mar da ría contribue á contaminación por chumbo na vida mariña. Tamén os perdigóns son inxeridos polas aves migratorias que nos visitan cada ano, provocándolles a enfermidade do plumbismo e incluso a morte.

Ante este escenario de impacto ao medio e, non esquecer, de incumplimento da legalidade vixente (non se pode empregar chumbo nos humedais protexidos polo convenio Ramsar -RD 581/2001-, como é o caso do Bao, e a celebración do campionato sen as autorizacións administrativas necesarias), o CES felicítase da resolución da Consellería de Medio Ambiente, xa que é a súa obriga manterse alerta das infraccións ao medio e tomar cartas no asunto. Tamén nos felicitamos de que todos os actores implicados económicamente no evento, incluído o Concello, non fixeran oídos sordos ás advertencias da Consellería e se reuniran para, como eles din, “buscar solucións para conciliar a celebración da proba coa conservación do medio ambiente”, aspecto este que ata o de agora non se tiña en conta.

O CES considera moi importante que a Consellería de Medio Ambiente, no caso de que dita comisión de traballo acade atopar solucións de conciliación e o permiso para a celebración do campionato nos vindeiros anos, non baixe a vixiancia en canto ao cumprimento da normativa vixente durante a celebración da proba.

Mais o que o CES considera o avance máis importante das decisións tomadas pola Conselleria a este respecto é que a apertura dun expediente sancionador á empresa “Hostelera del Noroeste S.A.” por ter celebrado o acto sen autorización, e no que tamén se lle obriga á restauración do espacio afectado polo chumbo, tendo que recoller os perdigóns caídos no humidal. Sen dúbida, unha boa noticia para a Enseada do Umia-O Grove, que alo menos por unha vez parece estar protexida realmente e non só sobre o papel.


O Salnés a 30 de setembro de 2006