21.10.06

Completadas en catro días as prazas para a actividade aberta de outubro



O Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza o sábado 21 de outubro unha nova Actividade Aberta. Estas actividades que se levan organizando dende anos atrás. cunha periodicidade mensual, teñen a fin de dar a coñecer a socios e non socios do CES, e para todas as idades, os recursos e os valores naturais e patrimoniais da nosa comarca.

O sábado farase unha actividade denominada “ Viaxe á enseada das aves”, en colaboración coa empresa de cruceiros Mares do Grove, a bordo do seu barco Neptuno Sub, para acercarnos á observación das aves dende o mar, cunha perspectiva pouco habitual. Así, as oitenta persoas que xa acadaron as plazas para participar, poderan disfrutar dunha viaxe dunha hora de duración pola Enseada do Bao, polas inmediacións da Toxa, Toxa Pequena e Bico da Ran, saíndo ás catro da tarde do porto de O Grove.

Esta viaxe pola enseada que representa o núcleo do Espazo Protexido Ons-O Grove, é unha ocasión para gozar tanto da paisaxe coma da visión das aves migratorias que agora comezan a achegarse ata as nosas costas, unha mostra máis da riqueza do noso mar.

O Neptuno Sub pon á nosa disposición material óptico para a observación de aves, así como guías de identificación

O interese que esta actividade despertou nos veciños da zona (as plazas quedaron cubertas en apenas catro días) lévanos a confirmar o gran potencial turístico que reportan os recursos naturais e os espazos protexidos do Salnés que, racionalmente explotados, poderían diferenciar e diversificar a oferta turística da zona.

Labels:

0 Comments:

Post a Comment

<< Home