15.2.07

NA DEFENSA DUN LITORAL VIVO

O CES forma parte, xunto con outros grupos ecoloxistas como Luita Verde de Cangas, da Rede Litoral Vivo. Na última xuntanza deste foro acordouse acudir á manifestación en Cangas para denunciar as irregularidades na construcción dun porto deportivo.

Por iso invitamos a tódolos interesados a participar na manifestación convocada polo Foro Social de Cangas, que terá lugar o próximo sábado 17 ás 17,00 horas na Alameda Vella de Cangas.

A continuación reproducimos a convocatoria que nos foi enviada coa petición de darlle a maior difusión posible:

Tras máis de 16 meses de resistencia pacífica á construcción
dun porto deportivo no Salgueirón (Massó), un proxecto envolto nunha chea de ilegalidades, queremos amosar o noso rexeitamento ante unha ACTUACIÓN XUDICIAL DE DÚAS VELOCIDADES:


Rápida contra os ecoloxistas e os veciños e veciñas de Cangas acusados do delicto de coaccións para paralizar as obras do porto deportivo, incluíndo a ameaza dunha actuación policial contundente.
Decenas de compañeir@s foron xa xulgados, outr@s agardan xuízos inminentes.


Lenta para todos os expedientes xudiciais e administrativos abertos contra os promotores do porto deportivo e contra a Autoridade Portuaria de Vigo.

Exemplos:

1 .- A demora de máis dun ano para resolver a petición de paralización cautelar das obras.
2 .- A ralentización do expediente aberto pola Fiscalía de Medio Ambiente por indicios de delicto contra a ordenación do territorio, falsidade documental e prevaricación (entre outros).
3 .- A falta de resposta de Costas á petición de apertura de expediente de deslinde que clarifique o rexistro como propiedade privada dunha finca de dominio público marítimo terrestre.


Se queredes acudir compartindo coche por aquelo de viaxar de forma máis sostible, podedes chamar ao 607351501 e intentaremos organizalo.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home