26.3.07

O Colectivo celebrou a súa asemblea anual na casa de cultura de Meaño

O Colectivo Ecoloxista do Salnés celebrou a súa asemblea anual hoxe (domingo 25 de Marzo de 2007) en horario de mañá (de 12 a 14h) na casa da Cultura de Meaño, cedida para este acto polo Concello de Meaño.

A asemblea desenvolveuse no horario e na orde do día prevista. Así, tras a aprobación da acta da asemblea do 2006, o informe de contas e do balance de socios, procedeuse á presentación da memoria de actividades levadas a cabo polo Colectivo durante o ano 2006. Co fin de transmitir aos socios esta memoria dun xeito eficaz, proxectouse unha presentación multimedia das actuación levadas a cabo polo CES e elaborouse unha memoria impresa en papel onde dun xeito máis pormenorizado se explicaban estas actuacións.

Tamén na asemblea levouse a cabo unha renovación de cargos na Xunta Directiva, sendo substituído Víctor Caamaño, que ocupaba o cargo de Vicepresidente, por Raquel García, tras recibir o CES a solicitude de Víctor do seu relevo coma Vicepresidente da directiva. Tamén neste punto foi nomeada coma vocal da directiva a asocia Alba Hernández.

Como proxectos de futuro presentados pola directiva e complementados polas intervencións dos asistentes en Rogos e preguntas, decidiuse:

Continuar coas actividades de denuncia fronte aos actos que dende o movemento ecoloxista se perciben coma negativos hacia o desenvolvemento sostible, salientando tres aspectos principais: urbanización non respectuosa co medio e a paisaxe, alteracións nos cauces dos ríos e modificacións na dinámica das nosas costas.

Continuar coas actividades abertas mensuais que o colectivo, animado polo bo acollemento que teñen na comarca e por que contribúen a divulgar os valores naturais que encerra o Salnés.

Proseguir tendendo pontes e sinerxías con outros sectores sociais, colaborando con outras asociacións ambientalistas e doutra índole, participación nos foros sociais (Foro medioambiental de Sanxenxo e o foro da Axenda 21 da Mancomunidade do Salnés) e manter unha vía de comunicación con todas aquelas administracións con competencias na xestión ambiental na comarca.

Como proxectos de resultados máis concretos a directiva expuxo ante os asistentes os seguintes:

- Reeditar o libro “A enseada do Bao”, único libro editado ata o momento do Humedal Protexido Umia-O Grove, editado pola asociación pedagóxica do Salnés “Candea” coa colaboración do CES en 1991. Esta reedición persegue a actualización de contidos e aumentar o atractivo visual do libro.

- Elaborar un Plan de Restauración das barreiras de Rouxique, antiga zona de de extracción de arxilas situadas na costa de Vilalonga (Sanxenxo).

Labels:

20.3.07

O Colectivo reúnese en Meaño





Asemblea Xeral Ordinaria

Os socios do Colectivo vanse reunir
o domingo 25 de marzo
na Casa de Cultura de Meaño, ás 12:00.



Os puntos da orde do día serán
1. Lectura da acta anterior
2. Memoria anual de socios 2006
3. Memoria anual de actividades 2006
4. Memoria anual económica 2006
5. Renovación de cargos da Xunta Directiva: Vicepresidencia.
6. Proxectos de Futuro
7. Rogos e preguntas

Haberá un pincho de produtos ecolóxicos.

Labels:

9.4.06

Grazas Joaquín, sorte Marta


A asemblea anual do Colectivo Ecoloxista do Salnés celebrada en Cambados representou, ademais dun repaso ao traballo de todo o ano do Colectivo, a renovación da Xunta Directiva que pasa a encabezar Marta Lois como presidenta e Víctor Caamaño como vicepresidente.
Na fotografía de esquerda a dereita, Óscar L. Pérez (secretario), Joaquín Rodríguez (presidente saínte) e Marta Lois (nova presidenta).

Labels:

25.2.06

Asemblea anual do Colectivo: o 5 en Cambados


O domingo 5 de marzo os socios do Colectivo Ecoloxista do Salnés reúnense na súa asemblea anual.
O Instituto Francisco Asorey de Cambados será o lugar da reunión, que se desenvolverá a partir das 11:30 (en primeira convocatoria, a segunda será as 12:00).
Faremos un balance do traballo feito no ano 2005 e renovaremos a Xunta Directiva.

Labels: