O Colectivo celebrou a súa asemblea anual na casa de cultura de Meaño
O Colectivo Ecoloxista do Salnés celebrou a súa asemblea anual hoxe (domingo 25 de Marzo de 2007) en horario de mañá (de 12 a 14h) na casa da Cultura de Meaño, cedida para este acto polo Concello de Meaño.
A asemblea desenvolveuse no horario e na orde do día prevista. Así, tras a aprobación da acta da asemblea do 2006, o informe de contas e do balance de socios, procedeuse á presentación da memoria de actividades levadas a cabo polo Colectivo durante o ano 2006. Co fin de transmitir aos socios esta memoria dun xeito eficaz, proxectouse unha presentación multimedia das actuación levadas a cabo polo CES e elaborouse unha memoria impresa en papel onde dun xeito máis pormenorizado se explicaban estas actuacións.
Tamén na asemblea levouse a cabo unha renovación de cargos na Xunta Directiva, sendo substituído Víctor Caamaño, que ocupaba o cargo de Vicepresidente, por Raquel García, tras recibir o CES a solicitude de Víctor do seu relevo coma Vicepresidente da directiva. Tamén neste punto foi nomeada coma vocal da directiva a asocia Alba Hernández.
Como proxectos de futuro presentados pola directiva e complementados polas intervencións dos asistentes en Rogos e preguntas, decidiuse:
Continuar coas actividades de denuncia fronte aos actos que dende o movemento ecoloxista se perciben coma negativos hacia o desenvolvemento sostible, salientando tres aspectos principais: urbanización non respectuosa co medio e a paisaxe, alteracións nos cauces dos ríos e modificacións na dinámica das nosas costas.
Continuar coas actividades abertas mensuais que o colectivo, animado polo bo acollemento que teñen na comarca e por que contribúen a divulgar os valores naturais que encerra o Salnés.
Proseguir tendendo pontes e sinerxías con outros sectores sociais, colaborando con outras asociacións ambientalistas e doutra índole, participación nos foros sociais (Foro medioambiental de Sanxenxo e o foro da Axenda 21 da Mancomunidade do Salnés) e manter unha vía de comunicación con todas aquelas administracións con competencias na xestión ambiental na comarca.
Como proxectos de resultados máis concretos a directiva expuxo ante os asistentes os seguintes:
- Reeditar o libro “A enseada do Bao”, único libro editado ata o momento do Humedal Protexido Umia-O Grove, editado pola asociación pedagóxica do Salnés “Candea” coa colaboración do CES en 1991. Esta reedición persegue a actualización de contidos e aumentar o atractivo visual do libro.
- Elaborar un Plan de Restauración das barreiras de Rouxique, antiga zona de de extracción de arxilas situadas na costa de Vilalonga (Sanxenxo).
Labels: Asembleas
0 Comments:
Post a Comment
<< Home