15.2.07

Contra a caza do raposo


O próximo domingo 18 de febreiro vai ter lugar no Carballiño a IV Copa de España de Caza de raposo.

Moitas asociacións ecoloxistas, ademais do movemento cívico Matar por matar Non estanse a mobilizar para intentar paralizar, de forma pacífica, a xornada de caza, así como evitar a súa realización no futuro.

Para elo, dende as 6 de mañán e ata a 1 da tarde, persoas da organización agardarán diante do concello do Carballiño para coordinar aos grupos de xente que vaian chegando.

Ao redor das dúas da tarde mobilizaranse de novo contra o campionato no Carballiño.

Se queres participar nos actos do próximo día 18 no Carballiño, podes apuntarte usando este cupón e entregándollo no Carballiño aos organizadores do Movemento Cívico.


Nome: Apelidos:
Domicilio:
DNI: Tlf:

Baixo a miña responsabilidade acepto participar nas accións do día 18 de febreiro de 2007 para dificultar a caza de raposo de forma pacífica sin causar danos a persoas físicas, animais ou propiedades

Estarei na porta do Concello de Carballiño ás horas (poñer hora entre as 06:00 e as 13:00) coa finalidade de incorporarme a algun operativo

Asinado:


En , a de febreiro de 2007



Para máis información, consultar aos grupos organizadores: Matar por matar Non, Adega, Verdegaia, Amigos da Terra, Ridimoas, Coto do Frade.

1 Comments:

At 12:14 PM, Blogger trasdosvalos said...

Creo que cómpre sinalar que o autor da foto tan chamativa que aparece nesta noticia é Marloy, un fotógrafo de diario de Pontevedra que nos cedeu esta e outras fotos desinteresadamente. Marloy faceleu o ano pasado atropelado por un vehículo mentres cubría gráficamente a noticia dun accidente. O noso recoñecemento a este fotógrafo.

 

Post a Comment

<< Home