23.2.07

Balea a vista! Vixiando cetáceos desde a costa


ACTIVIDADE SOBRE A REDE DE AVISTAMENTO DE CETÁCEOS
A CEMMA (Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños) coordina unha rede de observación de cetáceos en toda a costa galega que na nosa comarca está atendida polo Colectivo Ecoloxista do Salnés.
O sábado 24de febreiro, o Colectivo Ecoloxista organiza unha charla na ermida da Lanzada na que un especialista nos explicará como está organizada a rede de voluntarios e os avances na investigación que, coas súas observacións,
se van conseguindo.
Despois da charla, faremos unha observación coa axuda de prismáticos e telescopios nun dos puntos establecidos.
Podes participar, non é preciso ser especialista.
Recorda, se tes prismáticos, tráeos.
Lembra:
Sábado, 24 de febreiro, ás 11:30 h. da mañá
na ermida da Nosa Sra. da Lanzada
ACTIVIDADE ABERTA E GRATUÍTA • NON É PRECISO SER SOCIO

Labels: , ,

0 Comments:

Post a Comment

<< Home